Axenda



XIII Premio de xornalismo Reimóndez Portela

Reimóndez Portela, A Estrada
  • XUL 11
Manuel Reimóndez Portela

Convocado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, recoñece traballos publicados en medios de comunicación en papel ou dixitais sobre a cultura galega.

Poden presentarse artigos ou series (cinco como máximo) escritos en galego e publicados con data límite do 30 de xuño e que sexan recibidos antes do 11 de xullo.
O comité de seguimento do premio, dotado con 1.500 euros, está formado por Valentín García, técnico de normalización no Concello da Estrada, polo concelleiro de Cultura, Manuel Sanmartín e pola xerenta en funcións da fundación, Mercedes Cuíña.
Unha das características salientábeis desta convocatoria é que os lectores poden presentar ao certame un traballo xornalístico sen que sexa necesaria a intervención do autor. Lémbrase así a figura de Manuel Reimóndez Portela, médico e escritor e o gañador recibirá o premio en setembro, sucedendo así o da edición de 2007, o articulista e poeta ferrolán Vicente Araugas.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |