IV Premio Concepción Arenal
Deputación Provincial da Coruña

Dirixido a promover traballos de investigación no eido da defensa dos dereitos da muller, ten unha dotación económica de 7.500 euros.
Poden participar neste certame, convocado pola Deputación Provincial da Coruña, tanto persoas individuais como grupos, colectivos ou entidades legalmente constituídas.
O premio poderase conceder a proxectos, estudos e investigacións, sobre a igualdade de xénero relacionados coa provincia da Coruña ou de carácter xeral. Os traballos consistirán en estudos da realidade sincrónica, a xénese e a súa evolución histórica, así como novas propostas para avanzarmos na igualdade entre mulleres e homes.
Os traballos non poden estar premiados anteriormente, e no caso dos estudos e investigacións, deben ser inéditos.
Os traballos presentaranse en galego, en número de dous exemplares, con formato DIN A-4, mecanografados a dobre espazo, por unha soa cara, grampados ou encadernados, e coas páxinas numeradas. Tamén se pode empregar o soporte informático.
As candidaturas dirixiranse á Deputación Provincial da Coruña, Presidencia da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística, indicando Premio Concepción Arenal 2008. O prazo de entrega remata o vindeiro 31 de agosto e poderá facerse por rexistro ou no seguinte enderezo: Avenida Alférez Provisional número 2, 15006 A Coruña.
Máis información sobre os requerimentos, a documentación precisa e o xeito de presentación na ligazón ás bases, arriba á dereita.
Imprimir