Rafa Villar gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense
02-04-2008

O xurado da XXIV edición elixiu unanimemente a súa obra "Migracións".
O poeta de Cee Rafael Villar vén de engadir outro premio poético á súa traxectoria, neste caso un dos máis importantes en termos de prestixio e dotación. O xurado, composto por António Manuel Pires Cabral -do Concello de Vila Real-, Joaquim Ribeiro Aires -do Grémio Literário Vila-Realense-, Francisco Fernández Naval -gañador da anterior edición-, Teresa Devesa Graña e Maria Luísa Calvo Cid, tomou a súa decisión por unanimidade.
De Migracións, o xurado destacou "o carácter intenso e comprometido, así como a música e o ritmo interior que se inicia no primeiro poema e que se mantén constante até o final do libro". Espiral Maior editará este libro, composto por medio cento de poemas caracterizados pola súa implicación social en asuntos como a inmigración e a memoria histórica.
Imprimir