"O vestiario máxico do abade", conto gañador do Ánxel Fole
09-04-2008

Francisco Rozados
Francisco Rozados gaña o certame convocado polo Concello de Lugo e Rocío Leira é finalista.
De O vestiario máxico do abade, de Francisco Rozados "Rochi", destacou o xurado "o discurso cunqueirán, a súa riqueza de vocabulario e a súa calidade literaria". No relato finalista, titulado As sete tristes notas do meu vals, da ceense Rocío Leira, o xurado observou unha sorprendente densidade e lirismo.
O xurado do premio compuxérono Xosé Luís Vázquez Somoza, gañador da IX edición; José Manuel Núñez Blazquez, presidente de Ágora Cultural e deseñador gráfico; e Manuel Celso Matalobos, vicedirector do IES Lucus Augusti. Ao Ánxel Fole, que convoca a Concellaría de Cultura de Lugo, presentáronse este ano un total de 38 traballos en galego e outros 51 en castelán.
Imprimir