Contos do tren
Estación Literatura

A Consellería de Cultura e Deportes desenvolveu esta campaña de promoción da lectura en colaboración con RENFE e coas editoriais Vía Láctea e Xerais. Consistiu na publicación e difusión gratuíta de relatos que gardan relación co mundo do ferrocarril, relatos que estiveron á disposición dos usuarios nos traxectos de longo percorrido e nos chamados "rexionais".
A campaña chámase "Estación Literatura: Contos do tren". Os relatos publicáronse semanalmente en formato folleto de 16 páxinas, cunha tiraxe de 10.000 exemplares cada un. Grazas a esta iniciativa, os viaxeiros e viaxeiras do ferrocarril galego tiveron a ocasión de leren contos de Méndez Ferrín, Blanco Amor, Xosé Carlos Caneiro ou Luísa Villalta.
O primeiro título foi "O encalatro", relato de Eduardo Blanco Amor tirado de Os biosbardos. Despois viñeron "Pásmanse os espectadores, cando pasa o tren’ de Luísa Villalta, `Eles’ de Xosé Luís Méndez Ferrín e `Trinta e sete días sen verte, Laura’ de Xosé Carlos Caneiro. As editoriais Vía Láctea e Xerais colaboran na publicación cedendo os dereitos das obras para a súa distribución gratuíta.
Imprimir