
O obxectivo deste programa de dinamización é fomentar o interese polo libro e pola lectura por medio de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos, ao profesorado, aos pais e nais e ao público en xeral. Ademais reparará de maneira especial no Calendario das Letras con actividades extraordinarias nas datas que este salienta.
As Semanas do libro e da lectura teñen o mar como tema deste ano, o mesmo que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, do que están sendo continuadoras.
As actividades comporanse dun espectáculo para a inauguración e posteriormente de obradoiros de creación literaria, ilustración e animación á lectura dirixidos ao alumnado.
Para os adultos haberá actividades de carácter formativo para o profesorado e contacontos diarios dirixidos para todo tipo de público e actividades para as nais e pais, todo isto co obxectivo de facer destas semanas un encontro participativo, formativo e agradábel.
O calendario das Semanas do libro e da lectura é o seguinte:
Oleiros: 30 de marzo - 5 de abril
Viveiro: 9 - 15 de abril
Carballo: 20 - 26 de abril
Monforte: 4 - 10 de maio
Tui: 18 - 24 de maio
Allariz: 5 - 11 de outubro
O Porriño: 19 - 25 de outubro
Moaña: 9 - 15 de novembro
Noia: 23 - 29 de Novembro
Barbadás: 18 - 24 de xaneiro 2009
O Salón do Libro bótase ao mar
Dende esta semana e ao longo de febreiro ten lugar o Salón...
Cultura prepara nova campaña
O corpo de medidas do bienio 2008-2009 basearase na acción...