Pan con poesía

Poemas en papel de envolver

Pan con poesía
Esta iniciativa de Creación e Difusión Cultural, en colaboración coa Federación Galega de Panadarías, quere tirar o xénero dos soportes convencionais e achegalo ao público lector por medio dun elemento considerado de primeira necesidade dentro da alimentación.

Os cidadáns de 114 concellos elixidos puideron levar durante unha semana na súa bolsa do pan os versos de dez poetas galegas contemporáneas. Marilar Aleixandre na comarca de Compostela, Marica Campo na zona de Lugo, María do Carme Kruckenberg en Pontevedra, Pilar Pallarés por Ferrolterra, Chus Pato en Ourense e na terra do Deza, Luz Pozo Garza na Mariña, María Xosé Queizán no sur de Ourense, Xohana Torres en Vigo e na súa área de influencia, Eva Veiga na zona da Coruña e María Mariño son as autoras dos poemas que se puideron ler sobre papel de envolver.

Imprimir

  • O eco da memoria
    O eco da memoria
    A VIII Campaña de Animación á Lectura en Compostela quere homenaxear a nosa memoria oral e musical.
  • Cartel Salón
    Semanas do libro e da lectura
    As actividades lévanse a cabo ao longo de todo o 2008 en dez concellos e terán o mar como tema transversal.
  • Pan con poesía
    Pan con poesía
    O pan que mercamos a diario vén envolto en poemas de poetas nosas.
  • Palabra na solaina
    Palabras na solaina
    Fiz Vergara en Sarria, Avilés de Taramancos en Noia, Cunqueiro en Mondoñedo...
  • Contos do tren
    Contos do tren
    Para que os viaxeiros e viaxeiras sempre teñamos algo que ler ao subir no tren.
  • Letras Vivas
    Letras Vivas
    Promoción na rede para o fomento de encontros entre lectores e creadores.
  • Lendo espero
    Lendo espero
    Para fomentar a lectura nas salas de espera dos centros de saúde.
  • Bibliotecas Ilustradas
    Bibliotecas Ilustradas
    Os ilustradores galegos decoran as paredes das bibliotecas.

Documentos:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |