Lendo espero
Centros de Saúde
Calquera espazo pode ser axeitado para entrar en contacto cun libro, tamén os centros de saúde. O propósito é que os cativos e as cativas teñan a posibilidade de achegarse á lectura dun bo libro, dun conto entretido, dunha fermosas ilustracións ou unha información descoñecida.
Trátase dun proxecto da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural para achegar os libros aos máis pequenos. O programa desenvólvese en colaboración coa Rede de bibliotecas públicas e cos centros de saúde, e consta dun punto de lectura, un panel informativo e un tríptico que inclúe datos das bibliotecas máis próximas.
Imprimir