Nos últimos anos, especialmente desde o exercicio 2004, o sector galego da edición móvese en cifras de industria consolidada. O volume de publicación anual no país apunta á cifra de 3.000 títulos, sendo o galego o primeiro idioma de edición. O catálogo vivo xa supera as dez mil obras e duplica con iso os números de hai dez anos. O libro de texto e a literatura infantil e xuvenil seguen a ser os buques insignia do sector editorial.
En canto á facturación, o exercicio 2006 foi extraordinario: as empresas galegas do libro ingresaron 28 millóns de euros, o que supuxo un crecemento de máis dun 20% con respecto ao ano anterior. O sector galego da distribución tamén ten en Galicia motivos para o optimismo, xa que a maior parte da poboación galega aínda prefire visitar a libraría cando se trata de mercar libros.
Volume de edición en Galicia
Nesta evolución apréciase o repunte do sector co cambio de século. En 2005 editáronse 2770 títulos, dos que o 53,4% estaban en lingua galega e o 46,6%, noutras linguas (Fonte:
ISBN).
Fondo vivo
O número de títulos vivos no catálogo das editoras galegas vén aumentando exponencialmente, acadando en 2006 unha variación porcentual do 209,3% en relación co exercizo de 1997 (Fonte: Federación de Gremios de Editores de España).
Facturación do sector
(en millóns de euros)
O cambio na política pública de promoción do libro permitiu a clara mellora da facturación nos últimos anos. O exercizo 2006 deixou datos moi satisfactorios (Fonte: Federación de Gremios de Editores de España).
Volume de edición en galego
A gráfica ofrece o total de títulos editados en galego, a cargo de empresas galegas e non galegas. En 2005, o 19% editouse fóra de Galicia, a maioría por grandes empresas editoriais españolas (Fonte:
ISBN).
Edición en galego por ámbitos temáticos
Os datos correspondentes a 2005 reflicten unha tendencia que se mantivo nos últimos anos: o libro de texto ten un gran peso, aínda que destaca tamén o sector da literatura infantil e xuvenil (
ISBN).
Canles de comercialización
A diferencia da tendencia estatal de compra, na que dominan as grandes superficies, a maioría da poboación galega acode ás librarías á hora de mercar libros (Fonte: Federación de Gremios de Editores de España).