Letras a camiñar polo mundo

readgalicia.com

Readgalicia.com

Presentada en outubro deste 2007, na Feira do libro de Frankfurt, ReadGalicia é un escaparate en liña que amosa arredor de 170 obras galegas recentes das que se inclúe un extracto traducido ao inglés. Trátase de obras cuxos dereitos están á venda para que poidan ser estudados e comprados por axentes literarios no exterior.

O catálogo, proposto polos propios editores, é só un comezo e irase completando con novas incorporacións nos vindeiros meses. As fichas de información sobre as obras inclúen fragmentos coa súa correspondente tradución ao inglés, así como datos útiles para estabelecer contactos.

O obxectivo é que esta plataforma se converta nun lugar de referencia para que empresas editoriais estranxeiras coñezan a produción literaria galega, ademais de ofrecerlles a información necesaria para que estabelezan relacións coas editoriais galegas para a venda dos dereitos.

Readgalicia.com pretende espertar o interese de editoriais de todo o mundo achegando diversas propostas de literatura infantil que van desde adaptacións de clásicos como Rosalía de Castro ao tratamento máis recente dos conflitos da infancia, de adiviñas a obras de teatro.

Poderán entrar tamén en contacto cunha boa mostra de obras da nosa literatura contemporánea, así como cun feixe de obras de non ficción que inclúen a divulgación histórica ou a investigación.


Imprimir

Ligazóns

  • logo readgalicia Letras a camiñar polo mundo
    ReadGalicia é unha fiestra en que fragmentos traducidos ao inglés compoñen unha mostra da nosa produción literaria.
  • Axudas á edición en galego Axudas á edición en galego
    Os gobernos galego e español contemplan medidas de axuda á edición e á promoción do libro en lingua galega.
  • Axudas á internacionalización Axudas á internacionalización
    A Xunta recolle na Lei do Libro de Galicia a súa vontade de apoiar as iniciativas que posibiliten novos mercados.
  • Axudas á tradución Axudas á tradución
    Para promover o uso do galego cómpre potenciar a tradución á nosa lingua e da nosa lingua a outras.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |