Actualmente, as políticas do libro que estas institucións están a proxectar para artellar este recoñecemento van encamiñadas á mellora do sistema bibliotecario e de lectura pública, á posta en marcha de diversas campañas de fomento do libro, ao apoio directo á edición e á necesidade de procurar novos mercados fóra do país.
Axudas da Xunta de Galicia
Para a promoción, produción e edición do libro galego, a través da realización de grandes proxectos editoriais en lingua galega
Axudas do Ministerio de Cultura
Para editar libros en linguas cooficiais distintas ao castelán para as bibliotecas públicas