
A Xunta recolle na Lei do Libro de Galicia a súa vontade de apoiar as iniciativas que posibiliten novos mercados do libro editado no país con especial relevancia no que afecta á Unión Europea e á área iberoamericana, ao tempo que o Ministerio de Cultura recoñece que o apoio dos poderes públicos ao libro español debe tender cara á súa expansión internacional.
Axudas xerais para a internacionalización empresarial
O ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior, adscrito ao Ministerio de Industria), o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica, adscrito á Consellería de Economía e Facenda) e as Cámaras de Comercio de Galicia (a través do Plan FOEXGA) ofrecen diversas axudas ás empresas que desexen comezar a súa andaina internacional. Despois de rexistrarse na web de cada organismo, o empresariado poderá, entre outras cousas, enviar consultas ás oficinas comerciais no exterior, participar en misións comerciais directas ou inversas (viaxes de prospección a outros mercados ou visitas a Galicia de potenciais compradores ou prescriptores de opinión), acudir a feiras internacionais baixo o paraugas dun stand conxunto e asesorarse a través dos estudos editados por cada un destes organismos sobre os diferentes mercados e sectores.
Axudas do Estado específicas para a edición
Subvencións para o fomento da difusión, comercialización e distribución de libros españois no extranxeiro
Axudas do Goberno de Portugal
Axudas á edición de obras de autores portugueses para a infancia e xuventude e banda deseñada
Letras a camiñar polo mundo
Axudas á edición en galego
Axudas á internacionalización
Axudas á tradución