lg3
O soportal da literatura galega
No 2003 culturagalega.org iniciou Lg3, un espazo pensado como revista electrónica que servise de canle de difusión para a información sobre literatura e industria editorial galega.
Lg3 ten vontade de converterse nun sitio que dea conta da actualidade editorial en Galiza, coas novidades, contido das contraportadas, por veces breves fragmentos das obras, e que achegue asemade un certo discurso crítico, ao incluír recensións.
Atende creación literaria, máis tamén outras obras dos campos da socioloxía, da historia, do patrimonio ou do xornalismo, co criterio filolóxico como marco, isto é, coa condición de que sexa produción en lingua galega.
Imprimir