CSBG
Centro Superior Bibliográfico de Galicia
A centralización e coordinación da actividade bibliográfica do libro galego e das bibliotecas de Galiza son os obxectivos básicos deste centro creado no 1989 en virtude da Lei 14/1989 de bibliotecas.
Coa axuda das tecnoloxías da información e da comunicación a xestión da documentación e dos datos en calquera soporte veuse moi favorecida, ademais das súas posibilidades de difusión e consulta desde calquera punto que conte con acceso á internet.
Hoxe en día a páxina do Centro Superior Bibligráfico permite a consulta a través da súa páxina do catálogo dos seus fondos e do catálogo colectivo con rexistros procedentes de diversas bibliotecas de Galiza.
Imprimir