Clubs de lectura

Clubs de lectura

LER E FALAR

Clubs de lectura
Cada día hai máis persoas lectoras en Galicia e, ao mesmo tempo, cada vez hai máis xente que decide compartir cos demais as súas experiencias coa lectura. Este é o principio básico dos clubs de lectura, un fenómeno que está a gañar presenza nos últimos anos, en parte grazas á mellora progresiva das bibliotecas públicas. Algúns deles están a apoiarse nas ferramentas que ofrece internet para aproveitar mellor as actividades e as lecturas e, ademais, para facer máis grupo. Certos clubs xa consolidados convidan nas súas xuntanzas ao autor ou autora do libro escollido, fornecendo así o lazo entre creador e lector que nace da lectura.

Imprimir

  • Club de lectura de Compostela
    Ao pouco da súa inauguración, a biblioteca Ánxel Casal contará con dúas modalidades para esta actividade de promoción da lectura: presencial e virtual.
  • Lonxa Literaria
    Club pioneiro en Galicia, que desde 1999 é motor dun amplo abano de actividades de promoción da lectura no concello de Moaña: xuntanzas cos autores, certames, sesións de contacontos, recitais, obradoiros...
  • Clubs de lectura de Pontevedra
    A Biblioteca Nodal e o Concello de Pontevedra fan posíbel, mediante este programa, a participación en cinco clubs de lectura a partir de novembro de 2007.
  • Literactúa
    Programa para a difusión do libro e da lectura en galego do concello de Carballo. Os participantes elixen un libro cada mes e logo reciben o autor ou autora nun café ou taberna da localidade.
  • Club Virtual de Lectura da Coruña
    Este club non precisa xuntarse nun lugar físico para falar de libros. O seu espazo blog é a súa particular sala de xuntanzas.
  • Clubs de lectura das bibliotecas municipais da Coruña
    Hai catro clubs de lectura asociados ao sistema bibliotecario, cada un dos cales conta cunha bitácora que mantén o traballo cos libros alén das xuntanzas presenciais.
  • Lectores Galegos en Bos Aires
    Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Colmeiro e tantos outros xuntábanse ás tardes no bonaerense café Tortoni. Hoxe, este lugar acolle as xuntanzas deste club de lectura dedicado á literatura galega clásica e contemporánea.
  • Club de lectura Alecrín
    Esta asociación ten un programa de tertulias literarias arredor de títulos extraídos da literatura feminina contemporánea. Cada mércores realiza lecturas colectivas do libro seleccionado.
  • Club de lectura de Cerdanyola del Vallès
    Asociado ao Centro Galego desta localidade barcelonesa, o club mantén unha actividade estábel desde 2004 nun dos núcleos de emigración galega máis importantes da Península.
  • Lemos galego
    Club de lectura en rede. Comentarios literarios en 140 caracteres. Esta rede de lectores emprega a ferramenta Twitter para falar das súas lecturas en galego e recomendar literatura escrita no idioma do país.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |