Club de lectura de Compostela

Club de lectura de Compostela

Club de lectura de Compostela

O Club presencial reunirase cada semana durante unha hora na biblioteca Ánxel Casal para falar do libro que se está lendo e acordar as seguintes lecturas. Faranse actividades culturais complementarias como encontros cos autores e tradutores, ver filmes relacionados cos temas das lecturas ou asistir a representacións teatrais das novelas lidas.

No caso do club virtual, artellarase a través do blog http://www.blogoteca.com/clvcompostela/ , onde se indicarán as lecturas e haberá material de soporte que axudará a entender as obras: textos sobre o libro, sobre o autor, etcétera. Neste espazo será posible expor preguntas, expresar opinións e compartir comentarios sobre a lectura colectiva. Lerase un libro cada mes, e rematada a lectura os membros do club reuniranse virtualmente nun chat para compartir impresións sobre o texto. Nos casos nos que sexa posible, convidarase a autores ou tradutores dos libros a que participen nesas conversas.


Imprimir

  • Club de lectura de Compostela
    Ao pouco da súa inauguración, a biblioteca Ánxel Casal contará con dúas modalidades para esta actividade de promoción da lectura: presencial e virtual.
  • Clubs de lectura de Pontevedra
    A Biblioteca Nodal e o Concello de Pontevedra fan posíbel, mediante este programa, a participación en cinco clubs de lectura a partir de novembro de 2007.
  • Espazo Lectura
    O seu labor no fomento da actividade lectora vai alén do club de lectura e inclúe actividades como contacontos, formación para dinamizadores ou bookcrossing. Desenvolve o seu traballo no Val Miñor, co libro como referente indispensábel na socialización.
  • Literactúa
    Programa para a difusión do libro e da lectura en galego do concello de Carballo. Os participantes elixen un libro cada mes e logo reciben o autor ou autora nun café ou taberna da localidade.
  • Lonxa Literaria
    Club pioneiro en Galicia, que desde 1999 é motor dun amplo abano de actividades de promoción da lectura no concello de Moaña: xuntanzas cos autores, certames, sesións de contacontos, recitais, obradoiros...
  • Club Virtual de Lectura da Coruña
    Este club non precisa xuntarse nun lugar físico para falar de libros. O seu espazo blog é a súa particular sala de xuntanzas.
  • Clubs de lectura das bibliotecas municipais da Coruña
    Hai catro clubs de lectura asociados ao sistema bibliotecario, cada un dos cales conta cunha bitácora que mantén o traballo cos libros alén das xuntanzas presenciais.
  • Lectores Galegos en Bos Aires
    Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Colmeiro e tantos outros xuntábanse ás tardes no bonaerense café Tortoni. Hoxe, este lugar acolle as xuntanzas deste club de lectura dedicado á literatura galega clásica e contemporánea.
  • Club de lectura Alecrín
    Esta asociación ten un programa de tertulias literarias arredor de títulos extraídos da literatura feminina contemporánea. Cada mércores realiza lecturas colectivas do libro seleccionado.
  • Club de lectura de Cerdanyola del Vallès
    Asociado ao Centro Galego desta localidade barcelonesa, o club mantén unha actividade estábel desde 2004 nun dos núcleos de emigración galega máis importantes da Península.
  • Lemos galego
    Club de lectura en rede. Comentarios literarios en 140 caracteres. Esta rede de lectores emprega a ferramenta Twitter para falar das súas lecturas en galego e recomendar literatura escrita no idioma do país.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |