O club xúntase unha vez ao mes nas dependencias da Irmandade Galega O Botafumeiro de Cerdanyola. A súa actividade comezou a finais do 2004, momento en que algúns alumnos e alumnas de galego da Universitat Autónoma de Barcelona decidiron crear un grupo de lectura para continuar afondando na literatura galega. Naquela xuntanza inicial elixiran a Carlos Casares con As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Ao longo da súa curta historia, o club recibiu a visita dalgúns nomes das nosas letras actuais, como Xurxo Borrazás e Diego Ameixeiras.