Animadora á lectura na Biblioteca municipal de Ames
Divina Fernández Canosa
02-05-2006
Cal foi o primeiro libro galego que leches, e como?
Bufff, non me acordo... Había ser algún que me mandasen na escola, ou que me regalasen de pequena.
E un libro que a marcase?
O pirata pata de lata, editado por Kalandraka (de Cristina Miranda), que me encanta contarlle aos nenos.
Un libro que lle gustaría ver traducido en galego?
Bajo las estrellas, (un álbum de Sandra Barrilano editado en Kóninos), que é precioso, con imaxes marabillosas, letras prateadas...
Un libro fundamental para mocidade e infancia?
Pois... Para os máis pequechos, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (editado por Kalandraka), e para rapaces un pouco maiores, As bruxas, de Roald Dähl.
E o libro que meterá na maleta este verán?
Frederic, de Leo Leoni. Trata dun ratiño que ten esperanzas...
Cal foi, dos libros que recomendou ou leu na biblioteca, o que máis lle gustou?
A cebra Camila, tamén editado por Kalandraka. Son uns libros preciosos, eu penso que ás veces gústannos máis aos adultos...
Imprimir