Conselleira de Cultura
Ánxela Bugallo
02-05-2006
O primeiro libro galego que leu, e como?
Xente ao lonxe. Pasáramo a miña irmá, que é maior ca min e foi quen me introduciu no gusto polos libros, xa que a súa grande afección -e profesión- é a literatura.
Un libro que a marcou?
Tres tempos e a esperanza, de Mariví Villaverde. É unha crónica da Galicia dos anos 30 e 40 que denuncia a tiranía. É un alegato á forza irredutíbel da liberdade.
Un libro que lle gustaría ler traducido en galego?
Calquera de Patricia Highsmith. Son fan da novela negra e gustaríame que houbese máis traduccións deste xénero.
Un libro para nenos/mozos?
Merlín e familia
Imprimir