Triatleta
Xavier Gómez Noia
08-12-2006
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
O primeiro libro que lin en galego (polo menos que eu lembre e co que ademais gocei moito) foi O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas.
E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Los pilares de la tierra, de Ken Follet foi un libro moi importante para min, simplemente porque me enganchou de tal forma que non podía deixar de ler!
Que libro che gustaría ler en galego? Algún do teu ámbito profesional?
Como deportista profesional, apaixóname a biografía do sete veces campión do Tour de Francia Lance Armstrong, Mi vuelta a la vida, xa que me sinto identificado coa súa historia. Gustaríame lelo en galego.
Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
É difícil... algunha que lles poida facer reflexionar sobre a situación do mundo en que vivimos, pero non sabería dicir cal.
Que libro pensas que ha de acompañar o teu nadal?
Pois hai pouco merquei nun aeroporto cando volvía dunha competición Ensayo sobre la ceguera de Saramago e aínda non puiden empezar a lelo, así que supoño que será o libro que lea no nadal
Cal has de querer agasallar?
Hai moitos que podería agasallar... por exemplo El médico, de Noah Gordon.
Imprimir