Ciclista
Óscar Pereiro
Óscar Pereiro
08-12-2006
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez.
E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Mi vuelta a la vida, autobiografía do ciclista Lance Armstrong, quen superou un cancro e conta no libro a súa loita.
Que libro che gustaría ler en galego? Algún do teu ámbito profesional?
O Código da Vinci, de Dan Brown. Sobre o meu ámbito profesional, estaría ben que se traducisen libros, obre todo, de preparación física e dietética.
Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Calquera libro que amose a loita dunha persoa pola vida, como Mar adentro.
Que libro pensas que ha de acompañar o teu nadal?
Calquera que me regale un bo amigo.
Cal escollerías como agasallo?
Algún que aborde o tema das guerras da actualidade.
Imprimir