Poeta e xornalista
Xiana Arias
05-05-2007
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Creo que foi Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín.
E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Ocórreseme dicir que as dúas antoloxías de poemas de Adrienne Rich que hai editadas no Estado español, en Visor e en Renacimiento.
Que libro che gustaría ler en galego?
Pois as obras completas de Bertolt Brecht... amais, e como ando enganchada aos libros con debuxos, vou dicir Stratos de Miguel Anxo Prado (con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín).
Cal pensas que pode ser un referente para a xente cativa e nova?
Referente... a Mafalda de Quino, por exemplo.
Que libro pensas que che ha facer compaña esta primavera?
Escoitei que ía saír un libro de haicus de Leo F. Campos e sería bo que me fixese compaña nesta primavera. Tamén quería ler 2666 de Roberto Bolaño.
Cal mercarías para o Día das Letras?
Por exemplo, e calquera día: Os Hemisferios de María do Cebreiro, A ponte das poldras de Chus Pato.
Dos libros de que che cadrou falar no Diario Cultural, quedas con algún?
A verdade é que fican na Radio pero se me deixasen quedaba con case todos... Boh!, non sei se me cadrou falar del, pero si falamos e falou el tamén no programa: dz, ou o libro do esperma de Samuel Solleiro.
Imprimir