Le comigo

Coordinador de Literactúa

Nel Vidal

Nel Vidal

Nel Vidal

18-10-2007
Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Posibelmente fose O rei de nada e outros contos, de Sabela Álvarez Núñez. Tamén estiveron entre os primeiros Das cousas de Ramón Lamote, Cousas e Memorias dun neno labrego.

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
No primeiro posto está Sempre en Galiza. Tamén Xente ao lonxe.

Que libro che gustaría ler en galego? Algún do teu ámbito profesional?
Apostaría por un proxecto de tradución da literatura universal actual, liña que se está a explorar e pola que penso que se debera seguir.

Cal pensas que pode ser un referente para a xente cativa e nova?
De novo Das cousas de Ramón Lamote e Memorias dun neno labrego. Tamén O principiño. Ademais, polas implicacións que ten en materia sociolingüística, Made in Galiza, de Séchu Sende.

Que libro pensas que ha de acompañar o teu outono?
O último de Teresa Moure, Benquerida catástrofe. E aínda teño pendente a segunda parte d'Os libros arden mal.

Hai algunha biblioteca que fose especialmente importante na túa formación como lector?
A Marsh's Library de Dublín, máis ben unha biblioteca museo, porque ten toda a información dos fondos en galego.

Que autores e autoras están na axenda de Literactúa?
En setembro veu Séchu Sende, con Made in Galiza; en outubro, Carlos Meixide e O home inédito; en novembro virá Manolo Rivas, con Os libros arden mal.

Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |