Le comigo

Cantante e gaiteira, voz en Nordestin@s e Espido

Guadi Galego

Guadi Galego
29-02-2008

Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Non recordo con exactitude mais creo que foi A Nosa Cinza.

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?

Sempre en Galiza.

Que libro che gustaría ler en galego?
Todos os que non podo ler na lingua orixinal.

Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Eu creo que os clásicos, mais hai que lelos nos momentos madurativos adecuados de cada neno ou nena, todo depende da idade en que mostres o libro e da importancia que lle des.

Que libro pensas que ha de acompañar a túa primavera?
O meu inverno foi de Rosa Aneiros e a primavera de Paul Auster... agardo que haxa máis.

Cal mercarías para o Día das Letras?
Calquera en galego que me apeteza ler.

De entre os textos aos que che tocou prestarlles voz ou música, escollerías algún?
Algún da literatura popular de transmisión oral... que tal "Se souberas como eu teño o meu corazón por dentro non me dabas unha fala non tiñas atrevemento"?


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |