Le comigo

Integrante de Espazo Lectura

Concha Costas

Concha Costas

Concha Costas

12-05-2008


Cal foi o primeiro libro en galego que liches?

O primeiro que son consciente de ler foi Unha ducia de galegos de Víctor Freixanes, a raíz de ler a entrevista con Carlos Casares, Vento ferido.

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Claramente O principiño, un libro que lin por eses mesmo anos, nos 80 e pico, e do que acabei coleccionando exemplares.

Que libro che gustaría ler en galego?
O resto da obra de Amélie Nothomb, unha autora que me gusta moito e de quen só está traducido Un nome de dicionario en Galaxia.

Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Téñolle especial cariño a ¡Puag, que noxo! de Fina Casalderrey e xa traducido a Adiviña canto te quero.

Que libro pensas que te ha acompañar esta primavera?
Estou agora c'O profesor de vegliota de Manuel Veiga. Quizais o seguinte sexa O soño da febre de Miguel Anxo Murado.

Algún como agasallo para o Día das Letras?
Non o pensei, pero quizais algo de poesía. Se cadra Os hemisferios de María do Cebreiro.

No traballo en Espazo lectura, houbo algún texto co que traballásedes ou algunha actividade que elixas pola boa acollida?
Nas actividades escollería o Contomar porque foi con ela como naceu a asociación, cun grupo de pais e nais contando contos. Xa no club de lectura, sería inxusto dicir un título só, así que escollo a ilusión do primeiro, que foi Un tren cargado de misterios de Agustín Fernández Paz.


Imprimir

Reportaxes:

Ligazóns:

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |