Le comigo

Narrador e xornalista

Carlos Meixide

Carlos Meixide
25-04-2008

Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Penso que debeu ser ou Os dous de sempre de Castelao ou A nosa cinza de Xavier Alcalá

E un libro que fose especialmente importante na túa vida?
A poesía de Celso Emilio e tamén un descubrimento por consello dun autor para min descoñecido, Camilo Gonsar.

Que libro che gustaría ler en galego?
Son sempre partidario dos títulos que edita Rinoceronte, do seu traballo de tradución de autores contemporáneos e do feito de que agora poidamos lelos con normalidade.

Cal pensas que podería ser un referente para a xente cativa e nova?
Volvería a A nosa cinza que foi unha lectura escolar, un interese compartido cos compañeiros daquela e un libro do que teño bo recordo.

Que libro pensas que te ha acompañar esta primavera?
Un do que xa lin algún relatos, Made in Galiza de Séchu Sende.

Algún como agasallo para o Día das Letras?
Gustaríame, no caso de agasallar algo, que fose Desfeita ou Arredor do non de Camilo Gonsar para ver se alguén comparte o meu gusto.

Fálanos da túa experiencia en Literactúa, o club de lectura de Carballo.
Foi unha experiencia moi gustosa atopar xente que non coñecía e que lera o meu libro. Moi proveitosa.


Imprimir

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |