Lecturas temáticas

Poesía de muller

Música reservada Música reservada
05-05-2007 Olga Novo naceu en 1975 na aldea de Vilarmao, no conello da Pobra do Brollón. Licenciouse en Filoloxía Galego-portuguesa e exerceu a docencia no ensino medio. Na actualidade, traballa como lectora de galego na Universidade de Rennes, en Bretaña. Colabora en diversas publiacións periódicas, entre elas Unión Libre. Cadernos de vida e cultura, Moenia ou Boletín Galego de Literatura.
A súa obra poética deuse á luz a través de revistas como Dorna, Festa da palabra silenciada, Ólisbos ou Clave Orión. En libro, publicou os poemarios A teta sobre o sol (1995, reeditado en 1999), Nós nus (1996), A cousa vermella (2004) -que inclúe os poemas da edición de artistas Magnalia, de 2001- ou os estudos Por un vocabulario galego de sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999) e Lingua loaira (2004), sobre Uxío Novoneyra.

Imprimir

Libros relacionados:

Reportaxes:

Entrevistas:

Libros seleccionados

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |