Libros de igualdade, libros en igualdade

¡Hip-Hip Hurra!
04-04-2007
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947)leva unha dobre vida entre a investigación sobre a aprendizaxe das ciencias, na Universidade de Santiago de Compostela, e a súa actividade como escritora. Naceu en Madrid, medrou en Ceuta, fíxose galega en Vigo e ten o seu imaxinario literario na Costa da Morte. Publicou tanto relatos, Lobos nas illas (1996) e novelas, Teoría do caos (2001), como literatura xuvenil A Banda sen futuro (1999) e Rúa Carbón (2005); e infantil, entre eles Castelao segundo Rañolas (2000), Basilisa a princesa sapiño (2001) e Herbalúa (2006). Como poeta é autora de Catálogo de velenos (1999), Desmentindo a primavera (2003) e Mudanzas (2007). Seis libros protagonizados por rapazas destemidas, rapazas que se enfrontan ao medo para salvar as amigas, mulleres que toman o seu destino nas mans, mozas e mozos que saben que os que naceron lonxe tamén son parte de nós.
Imprimir