Lecturas temáticas

Ratos de biblioteca II

Isabel Soto
01-10-2007 Isabel Soto (Vigo, 1969) é licenciada en Filoloxía. Traballou como investigadora no Centro Ramón Piñeiro en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría e a crítica literaria. Realizou diferentes traballos relacionados coa LIX e na actualidade o seu labor profesional céntrase na tradución, a crítica e a edición de textos.
Dende que o frautista de Hamelin enfeitizou os ratos coas súas melodías e a ratiña presumida atopou parella para casar, a literatura infantil argallou unha chea de aventuras para estes personaxes. Autores de sona mundial, como Leo Lionni ou Arnold Lobel, convertéronos en protagonistas de fermosas historias, moitas das cales están traducidas ao galego. Os nosos creadores e creadoras tamén tiraron partido destes animais, recreando contos e personaxes clásicos, afondando na súa eterna rivalidade cos gatos ou converténdoos en intrépidos viaxeiros. Velaquí algunhas propostas de ratos sabidos, viaxeiros, enxeñosos, poetas, compañeiros de desventuras, solteiros, comellóns, pillabáns, destemidos....

Imprimir

Libros relacionados:

Lecturas temáticas:

Libros seleccionados

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |