Lecturas temáticas

O fútbol na literatura infantil e xuvenil galega

Fútbol Fútbol
29-04-2006 Aí vén o mundial de fútbol, apenas unhas semanas, chamándonos pola emoción. Xa comeza a rebulir no ánimo dos afeccionados o espírito do desafía, da tensión e do goce. Ese mesmo espírito que os enfronta a unha boa historia. Hai quen di que o manexo da pelota é un desafío á creatividade, igual que a lectura, e que un partido de fútbol retransmitido é coma un conto, por iso sabemos que os amantes do fútbol non deixarán pasar estas historias fantásticas cheas de fútobol e vida.
Esta escolma vai dirixida ao público, sobre todo, xuvenil, pero os pequenos tamén teñen que ter a súa dose de creatividade. Para os primeiros lectores Manuel Lourenzo González escribiu O patadón, que é un divertido texto rimado con ilustracións de gran forza, onde seguimos a viaxe polo mundo dun balón disparado dunha patada ao ceo.

Xoán Babarro con Sempre Hausa conta, para nenos de dez anos, unha bonita historia moi ben narrada dun neno nixeriano que pasa dunha infancia feliz a outra miserábel e só o fútbol e a súa audacia poden facelo saír na busca do seu irmán e mellorar o seu futuro.

Déixao medrar, de Xurxo Gómez Silvestre, é a nosa última oferta para aqueles rapaces de 12 a 14 anos que queren ver un protagonista da súa idade xogando ao fútbol. Terán que enfrontarse coma el aos dilemas dos estudos e do fútbol, o primeiro amor e un pai abafante que quere ter un fillo campión.

Imprimir

Libros relacionados:

Libros seleccionados

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |