Esta asociación nacida a finais dos anos oitenta ten como principais obxectivos a defensa e promoción da cultura e lingua galegas.
As súas accións céntranse na recollida, promoción e execución de iniciativas que fomenten a difusión da literatura infantil e xuvenil. Isto leva á realización de tarefas de asesoramento e cooperación con entidades ou persoas interesados nestes mesmos fins, e á asunción da representación galega nas organizacións estatais ou internacionais, ademais do establecemento con entidades públicas e privadas dos convenios para o cumprimento dos fins de GALIX.