Poeta
Helena de Carlos insírese no conxunto das voces poéticas femininas que se deron a coñecer na década dos 90. Ao longo de tres libros compón unha poética persoal en que a memoria da vida se fai doadamente compartíbel.Helena de Carlos é doutora en Filoloxía Clásica e profesora do Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago. Especializada en estudos sobre a latinidade medieval, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa, München e Florencia.
Como poeta colaborou en revistas como Nordés, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Ólisbos e Alquimia. 1999 foi o seu segundo libro de poemas, logo de Alta Casa (1996). En 2007 viu a luz Vigo, o poemario dunha cidade viva e chea de voces diversas.