Autores

Xosé Antón López Dobao

1963, Lugo

Poeta, narrador e ensaísta

X. Antón L. Dobao leva tirado á luz media ducia de libros de poesía e dirixiu outras tantas pezas audiovisuais. Incertos (2008) é o seu primeiro libro de relatos.

X. Antón L. Dobao é licenciado en Filoloxía Galega, e asesor lingüístico da TVG, medio para o que tamén exerce como director e guionista de ficción audiovisual. É membro do comité de redacción das revistas A Trabe de Ouro e Cadernos da Lingua, e forma parte do colectivo Redes Escarlata. Traduciu ao galego obras de George Orwell, Antoni Mari, J. D. Salinger, Carles Bellsoà e Paul Auster.

Como poeta publicou Desde o teito da noite (1987), Caderno dos dereitos e das horas (accésit do Premio Miguel González Garcés, 1994), O tempo entre murallas (1997), Contraantoloxía de textos exiliados (2002), Materia (2005) e Onde o ollar comeza a doer (2007). Incertos (2008) é o seu primeiro libro de relatos.

Como director cinematográfico dirixiu Os outros feirantes (1998), Un mundo de historias (2000), A biblioteca da iguana (2005), Pataghorobí (2005), O Bosque de Levas (2006) e A Mariñeira (2007).


Imprimir



Libros de Antón Dobao

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |