Autores

Irwin Allen Ginsberg

1926, Paterson, Nova Jersey - 1997, Nova York

Poeta

Allen Ginsberg foi un dos máis intensos poetas beat e considerouse debedor de William Blake, Walt Whitman e William Carlos Williams. O modernismo, o beat, o romantismo, o jazz, o budismo e a súa orixe xudía deixaron inmensa pegada na súa obra.

Enlace entre o movemento beat dos cincuenta e os hippis dos sesenta, Ginsberg compartiu amizade con, entre otros, Jack Kerouac, Neal Cassady, William S. Burroughs, Patti Smith, Gregory Corso, Herbert Huncke, Rod McKuen e Bob Dylan.

A poesía de Ginsberg estaba moi influenciada polo modernismo, o romanticismo, o beat e a cadencia do jazz, ademais de pola súa práctica do budismo Kagyu e a súa orixe xudía. Considerábase herdeiro de William Blake e Walt Whitman. A potencia dos poemas de Ginsberg, os seus longos versos e a súa exuberancia do Novo Mundo reflectían a continuidade da inspiración que reclamaba. Outras influencias incluían ao poeta estadounidense William Carlos Williams.

A principal obra de Ginsberg, Ouveo, é moi coñecida pola súa frase inicial: "Vin as mellores mentes da miña xeración destruídas pola tolemia". A obra considerouse escandalosa no momento da súa publicación pola crueza da súa linguaxe, que é explícita. Pouco tempo despois da súa publicación en 1956 por unha pequena editora de San Francisco, a obra foi prohibida.

Nos seus escritos e na súa vida, Ginsberg defendía a liberdade e a autenticidade. Moitos dos seus poemas son extremadamente sinceros e directos. Por exemplo, en Kaddish describe a loucura da súa nai en termos claros. En Moitos amores (Many Loves), describe o seu primero contacto sexual con Neal Cassady, que foi o seu amante e amigo. Algúns dos seus poemas posteriores céntrase na súa relación con Peter Orlovsky, o seu amante de toda a vida a quen dedicou Kaddish e outros poemas (Kaddish and Other Poems).

A súa viaxe espiritual comezou pronto con visións espontáneas e continuou cunha viaxe á India e un encontro casual nunha rúa de Nova York con Chögyam Trungpa, Rinpoche, un budista tibetano mestre de meditación da escola Vajrayana, que se converteu no seu amigo e mestre durante toda a vida.

Na súa vida política foi un iconoclasta, usando o seu enxeño e humor para loitar pola causa da liberdade persoal dos outros, a miudo arriscándose el mesmo. Ginsberg axudou a financiar a School of Disembodied Poetics de Jack Kerouac na Universidade de Naropa, en Colorado.

Tamén foi co-fundador, xunto ao poeta francés Jean Jacques Lebel, dun dos festivais de poesía máis importantes do mundo, coñecido como Poliphonix.


Imprimir



Libros de Allen Ginsberg

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |