Autores

Ramón Trigo

1965, Vigo

Ilustrador

Con 18 anos publicaba os seus traballos como ilustrador e debuxante de cómic en xornais e revistas especializadas. As súas primeiras obras pictóricas datan de 1986; dende entón realiza exposicións e ilustra libros para varias editoriais, como Xerais, Ir Indo, Edelvives, Kalandraka ou Faktoría K; nesta última publicou a obra As luces que se acenden e se apagan. Traballou en Alemaña, Francia e Portugal. Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos galardóns, como o segundo premio Eixo Atlántico de pintura e -máis recentes- o premio do II Concurso Internacional Álbum Infantil do Cabido de Gran Canaria e o Premio Internacional de Álbum Ilustrado Cidade de Alacante. Durante 2005 expuxo no Parlamento Europeo de Bruxelas a serie “Mar de fondo”.

Imprimir



Libros de Ramón Trigo

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |