Edicións Correo
O 1 de agosto de 1878 nace en Ferrol o diario El Correo Gallego. Desde entón, a actividade da empresa combinou as tarefas xornalísticas da cabeceira coas tarefas editoriais, estas últimas orientadas á publicación de obras de creación literaria galega pasando por todos os xéneros: novela, poesía, teatro, ensaio... O esforzo editorial máis importante do Grupo Correo Gallego tivo lugar en 1991, data de publicación da Biblioteca 114, composta por outras tantas obras das nosas letras. No 1997, a empresa crea Edicións Correo para xestionar o servizo de publicacións mediante un instrumento axeitado. Hoxe edita creación literaria, divulgación, ensaio, gastronomía, anuarios, guías, etc., ademais da colección Poeta en Compostela.
Imprimir