Edicións Do Cumio
Ademais da publicación de libros de acordo cunha liña editorial aberta e xeralista, Edicións do Cumio traballa outros formatos como o material multimedia, o cd e o dvd, o audiolibro, o xogo didáctico en cartón ou a cartografía. A súa intención de contribuír á normalización lingüística e cultural galega compleméntase coa edición de obras en castelán e portugués. No seu catálogo pódese atopar literatura para todas as idades, material escolar de apoio, dicionarios, temática etnográfica, fotografía, biografías, guías turísticas, mapas, etc.
Imprimir