Editorial Everest Galicia
Creada en 1996 como facción galega do Grupo de Comunicación Everest, esta editorial conta con máis de 200 títulos, todos eles en galego, xebrados nas súas coleccións de LIX, material educativo, turismo e mais gastronomía. A narrativa infantil e xuvenil é buque insignia de Everest Galicia e conta con nomes como Manuel María, Xabier Docampo, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Agustín Fernández Paz, Bernardino Graña, Xoán Babarro, María Reimóndez ou Manolo Uhía. Unha ampla colección que se propón educar nos valores universais desde a propia identidade.
Imprimir