Editorial Primerapersona
Primerapersona nace en 1999 apostando polos xéneros adscritos á primeira persoa literaria e polos proxectos de didáctica infantil. Ten unha vocación multicultural e plurilingüe. As súas liñas editoriais principais son Palabras Maiores, para publico adulto, e Letras Pequenas, para nenos e mozos. Ademais, a súa oferta tamén contén proxectos para a educación artístico-musical, o coñecemento do medio mariño e o achegamento a culturas e comunidades pouco coñecidas.
Imprimir