Editoriais

Espiral Maior

Espiral Maior
Rúa Xoán Carlos I, 22-1ºB – O Burgo
15760 Culleredo
A preeminencia da poesía desde a súa fundación levou a Espiral Maior a converterse nunha das editoriais máis dinámicas e recoñecidas neste xénero, non só en Galicia, senón tamén no contexto estatal. A colección Poesía acumula xa máis de 150 títulos e Opera Omnia deu lugar a destacábeis antoloxías como as de Manuel María ou Avilés de Taramancos. Con todo, o catálogo de Espiral Maior contén hoxe un amplo abano de títulos de narrativa, ensaio e teatro, campos estes que contan con cadansúas coleccións. Ademais, o premio anual que convoca esta editorial desde 1994 figura entre os certames de maior prestixio de Galicia e ten contribuído decisivamente á aparición de novos grandes nomes da nosa poesía.

Imprimir

Ultimas novidades en libros

Ver todo

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |