Hércules de Ediciones
O Proxecto Galicia constitúe a obra magna de Hércules. Esta iniciativa editorial posta en marcha hai vinte anos deu orixe a cincuenta tomos, agrupados en sete series temáticas, que abranguen todos os ámbitos do coñecemento sobre o noso país. Ademais, Hércules tamén vén editando as coleccións Sempre no Camiño, Titor Hércules, Galicia para soñar, Iter Stellarum (A Gran Obra dos Camiños de Santiago), e Grandes Autores Galegos, entre outras.
Imprimir