Toxosoutos
Concibida inicialmente para divulgar e fomentar o patrimonio artístico e histórico de Noia, Toxosoutos axiña comprendeu a necesidade de ampliar o seu compromiso ao resto do país. A súa liña editorial contén ensaio histórico, narrativa, poesía, banda deseñada e libros para o ensino. Mantendo intactas as súas conviccións na defensa da lingua galega, a editorial tamén edita en castelán, inglés e francés. Son títulos das súas coleccións Cruceiro do Rego, Divulgación, Galicia en cómic, Keltia, Seitura, Biblioteca Filológica, Narrativa histórica, Memoralia ou Os Barbanzóns.
Imprimir