La Voz de Galicia-Biblioteca Gallega
Fundado en 1885, tres anos despois da saída á rúa do primeiro exemplar de La Voz de Galicia, o selo Biblioteca Gallega tivo como primeira meta a divulgación das grandes obras galegas. Tempo despois, nunha segunda etapa da editorial, todas elas serían reeditadas. No ano 2002, con motivo dos 120 anos do nacemento do xornal, púxose en marcha o seu proxecto editorial máis ambicioso: a Biblioteca Galega 120, que xuntou obra medieval, clásica e contemporánea e logrou vender até sete millóns de exemplares. Máis recentemente, o selo puxo no mercado unha colección de autores galegos en castelán. O seu catálogo xeral xunta uns 400 títulos.
Imprimir