Biblos Clube de Lectores
A principal actividade de Biblos Clube de Lectores é a edición da revista do mesmo nome que se publica bimensualmente e que lles dá conta aos socios do club de cantas novidades ofrecen as editoriais e a industria discográfica de Galicia, ademais de incluír un apartado para a lusofonía. A actividade de Biblos a prol da cultura galega complétase coa edición, cada dous meses, dun novo volume da súa colección Mandaio, na que caben xéneros diversos.
Imprimir