
Cinco relatos distintos nas temáticas e na súa construción, que nos levan da Alcarria ou os sumidoiros de Vigo, até unha manifestación de conserveiras en Santiago, o asedio da vila de Muros polos Tricéfilos ou as pedras de xeo nun vaso de güisqui. Obra póstuma, o libro, cheo de arestas e suxestivas e poderosas metáforas, atrápanos con distintas gradacións e propostas de lectura.