Ensaio, Toxosoutos, 2007
ISBN: 978-84-96673-36-6
Xosé María Álvarez Blázquez 1915-1985. A Terra é o fito chantado no centro xeométrico do meu horizonte é até o de agora a máis extensa biografía do escritor a quen se lle vai dedicar o ano 2008, obra do historiador Clodio González Pérez.
A obra constrúese a partir dunha ampla escolma de documentos, que nalgún caso se inclúen a modo de ilustracións. A biografía así concibida ten ao tempo algo de homenaxe ao gran divulgador da cultura galega que foi Álvarez Blázquez desde o seu traballo como profesor, editor, investigador ou articulista.