Libros


Do amor e da literatura

Varios autores, escritor
0/5 (0 votos)

Ensaio, Ediciones Linteo, 2007

ISBN: 978-84-96067-35-6

Do amor e da literatura reúne un conxunto de escritos sobre Eros dende o ensaio, a tradución e a creación, debidos a Carmen Blanco, Emma Luaces, Aurora López, Andrés Pociña, María Lopo, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer e Manuel Fernández Rodríguez, prologuista da obra. Trátase dunha plural invitación ao amor partindo do dereito humano á liberación sexual e á liberdade creativa, ilustrada por unha selección de textos universais de temática amorosa, que vai dende os clásicos do erotismo na Antigüidade grecolatina (Safo, Catulo, Ovidio, Apuleio, Petronio) ata o celtismo amatorio medieval (María de Francia) e contemporáneo (Guillevic), para chegar á explosión de amor tolo do surrealismo (André Breton). Finalmente, a erótica galaica aparece representada pola poesía de Claudio Rodríguez Fer e de Olga Novo.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |