
Poesía, Edicións Positivas, 2007
ISBN:
Ouveo, a obra máis coñecida de Allen Ginsberg, comeza co famoso “Vin as mellores mentes da miña xeración destruídas pola tolemia, famentas histéricas espidas”.
Este libro de poemas provocou un notable escándalo na súa época pola crueza da súa linguaxe, chegando mesmo a ser prohibida. As ideas libertarias e enfrontadas ao sistame de Ginsberg fixeron que o FBI o considerase unha grande ameaza para a seguridade.
A segunda parte do Ouveo foi escrita baixo a influencia do peiote. Porque Ginsberg buscaba sempre outras experiencia creadoras.
Ouveo e outros poemas, un dos libros máis lidos e imitados dos últimos tempos, podemos lelo agora nunha tradución do poeta Daniel Salgado.