
Poesía, Edicións Positivas, 2007
ISBN:
Poesía, ironía, imaxes, vida, todo desde o lugar dos feitos. Cada palabra ou cada verso pode verse. Un poeta directo. Unha poesía vivida.
Moncho Iglesias fai poesía coa súa Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos, porque tal e como titulou o autor unha súa conferencia recente, “A poesía como alma de futuro e memoria de paz”. Palabra e imaxe relacionadas, poema e fotografía explicándose mutuamente.
Moncho Iglesias publica este seu primeiro libro de poemas en galego, e faino desde Oriente Medio (Belén), onde vive, e desde onde é quen de escribir con humor no medio de tanta violencia, con alegría entre a morte constante, con optimismo alá onde non se ve o futuro, con amor á xente no medio de tanto desprezo... Pero a poesía é unha forma especial de ollar o mundo, de vernos.
[presentación editorial]