Libros


A venus de cristal

Chelo Suárez, escritor
4/5 (6 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-694-5

Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos da Venecia do século XV, conducindo o lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos en Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca, agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca, goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo, ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |